Un paso atrás en seguridade viaria

InShot_20190305_202808083

A Caldas do s.XXI debe ser unha vila amable e segura para os peóns. Temos que deixar de camiñar cara atrás e comezar a facer de Caldas un lugar seguro e atractivo para as persoas.

Un paso atrás en seguridade viaria

O BNG presentará unha moción para o seu debate no vindeiro pleno da Corporación de Caldas para mellorar a seguridade urbana na vila de Caldas de Reis, onde a indiscriminada intensidade de tráfico que circula a diario polas rúas do centro da vila e a velocidade á que circulan estes vehículos provocan unha violencia viaria brutal ante a que veciñas e veciños viven auténticas situacións  de risco e pánico.

“Dende o BNG plantexamos un modelo diametralmente oposto ao que temos neste momento en Caldas, propoñemos un modelo no que as persoas sexan as protagonistas do espazo público. Un modelo no que as veciñas e veciños se sintan seguros na rúa e poidan pasear e camiñar tranquilos, sen temor. Queremos, en definitiva, que Caldas sexa unha vila amable coas persoas, unha vila segura e unha vila que recupere o dinamismo e a puxanza das rúas” sentenciou Fariña.

O goberno local sen embargo, non só carece de ideas e proxectos para atallar esta situación, senón que rexeita sistematicamente as propostas que lle achegamos dende o BNG como son a instalación de lombos entre outras. Baixo o pretexto de que a estrada non é municipal o alcalde rexeita calquera  intento de pedirlle ás administracións responsables a adopción de medidas de calmado do tráfico e de mellora da seguridade dos peóns e, en todo caso reitera que a súa aposta son os radares. O cal é máis un intento recadatorio a conta de fritir a multas aos condutores que un intento por mellorar a seguridade viaria.

A seguridade viaria é unha das grandes tarefas pendentes de Caldas de Reis, pois nos últimos 40 anos, os sucesivos gobernos do PSOE non teñen tomado absolutamente ningunha medida para incrementar a seguridade dos peóns, polo que mentres as vilas e cidades do s.XXI camiñan de cara a devolverlle o protagonismo do espazo público ás persoas, en Caldas seguimos ancorados nun modelo arcaico, rancio e obsoleto no que o vehículo privado sempre ten prioridade.

Un paso atrás en seguridade viaria