Fariña aposta por facer de Caldas un concello atractivo e dinámico
Queremos facer de Caldas un concello atractivo e dinámico que resulte atractivo para novos proxectos empresariais que xeren emprego no noso concello.
Manuel Fariña acudiu a un encontro con membros de AJE Pontevedra no “espazo emprendedor” que esta asociación xestiona en dependencias da Autoridade Portuaria de Vilagarcía.
Neste encontro, o candidato do BNG e os novos empresarios compartiron puntos de vista e pareceres sobre a actual situación de parálise que vive o concello de Caldas e a necesidade de recuperar o dinamismo e a puxanza das rúas para fomentar a actividade económica e a creación de emprego, así como tamén a posta en marcha de políticas que contribúan a diversificar o sector turístico e favorezan a creación e instalación de novos proxectos empresariais.
Neste eido sinalaron a necesidade de crear redes que fagan posible a creación e asentamento de novos proxectos empresariais, tendo especial importancia os servizos públicos e un urbanismo amable que favoreza a actividade nas rúas.
Por outra banda, Fariña expuxo a necesidade de liberar a peaxe o tramo da AP-9 entre Saiar e Carracedo, o que contribuiría a mellorar a seguridade viaria na vila de Caldas e a mellorar as comunicacións do Porto de Vilagarcía e das empresas situadas nos polígonos industriais das Veigas de Almorzar, así como tamén no polígono do Pousadoiro e Baión.
Así pois, Manuel Fariña manifestou o seu compromiso de facer de Caldas un concello atractivo e que fomente a creación de novos proxectos empresariais, así como tamén un concello capaz de atraer e fomentar a instalación de novas empresas no noso concello unha vez acceda á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais.