O MANTEMENTO E CONSERVACIÓNS DOS SERVIZOS E INSTALACIÓNS PÚBLICAS SON UNHA PRIORIDADE PARA O BNG.

A biblioteca amence anegada unha vez máis

IMG_20190306_125340_908
Biblioteca Pública de Caldas

A Biblioteca Pública de Caldas amence anegada ante a pasividade dun goberno local que abandona sistemáticamente os servizos e instalacións públicas.

A biblioteca amence anegada unha vez máis

Esta mañá, a Biblioteca pública de Caldas amenceu anegada debido ao mal funcionamento da rede de recollida de pluviais do Concello, polo que permaneceu pechada durante toda a mañá.

Cada vez que chove con certa intensidade a auga diríxese libremente cara a parte traseira do edificio sen ser recollida pola rede de sumidoiros, concentrándose na parte traseira da biblioteca, na que entra de xeito torrencial pola saída de emerxencia.

Malia que este é un problema que se repite periodicamente e que podería ter unha solución sinxela, o equipo de goberno do PSOE non tomou nunca ningunha medida para evitar que a biblioteca se converta nunha piscina cando chove, o cal da boa mostra da desidia e a falta de liderado que caracteriza ao goberno de Juan Manuel Rey.

O mantemento e a conservación dos equipamentos e instalacións públicas como son as da biblioteca deberan ser unha prioridade para un concello que debería aspirar a liderar a comarca, pero semella que ao alcalde lle molestan os servizos públicos como demostra co abandono sistemático tanto de edificios públicos como a biblioteca ou o Edificio Comarcal ou do mobiliario urbano da vila.

A biblioteca amence anegada unha vez máis