As bravuconadas do alcalde provocan a perda de servizos públicos

OAC
Manuela Bello, Manuel Fariña e Alicia Aboy

Caldas debe avanzar apostando por ofrecer mais e mellores servizos públicos á veciñanza, sen embargo o alcalde empeñase en camiñar cara atrás mentres solta bravuconadas como a ameaza de desaloxo da Oficina Agraria Comarcal.

As bravuconadas do alcalde provocan a perda de servizos públicos

Manuel Fariña visitou onte as instalacións do edificio comarcal para manter un encontro cos profesionais que desempeñan alí a súa labor e coñecer de primeira man a situación que están a vivir logo da ameaza de desaloxo que recibiron por parte do alcalde Juan Manuel Rey a pasada semana.

No edificio Comarcal tamén está situada a consulta da matrona, e á vista dos argumentos dados polo alcalde como son a realización dunhas obras, fai previsible que este desaloxo se faga extensible tamén a este servizo sanitario.

A consulta da matrona estivo prestándose durante anos en condicións insalubres no antigo edificio da Escola Taller, e foi trasladado a este edificio grazas á loita dunha Plataforma de nais e mulleres embarazadas, polo que dende o BNG non admitiremos nin un paso atrás neste tema.

A ameaza de desaloxo do alcalde non pode entenderse máis que como unha bravuconada dun alcalde falto da mais mínima capacidade de liderado e negociación, que expresa con este tipo de algaradas a súa total incapacidade para buscar solucións e chegar a acordos en beneficio da veciñanza.

Caldas é un concello que debe exercer como cabeceira de comarca e liderar a oferta de servizos públicos para as veciñas e veciños de toda a comarca. Un concello que reivindicara a súa posición reclamando cada vez máis e mellores servizos á poboación, sen embargo, o PSOE parece que prefire camiñar xusto ao revés.

Do mesmo xeito, Manuel Fariña acudiu o día 1 de marzo ao edificio Comarcal para garantir que seguía prestando o servizo de Oficina Agraria no seu lugar habitual.

As bravuconadas do alcalde provocan a perda de servizos públicos