#ORZAMENTOS #XUNTA #CENTROMÉDICO

Orzamentos da Xunta, un agravio sen precedentes para Caldas de Reis

encoro Umia
Montse Prado, Luís Bará e Manuel Fariña

O PP rexeitou as enmendas aos Orzamentos da Xunta absolutamente necesarias para Caldas como o novo Centro de Saúde ou a recuperación do Umia.

Orzamentos da Xunta, un agravio sen precedentes para Caldas de Reis

Os orzamentos presentados polo Partido Popular son tremendamente lesivos para Caldas de Reis, pois deixan totalmente abandonada un concello que é cabeceira de comarca e que sofre como ningún outro o desleixo da Xunta de Galiza.

En Caldas de Reis levamos máis de 20 anos agardando por un novo centro de saúde, e vemos como os orzamentos de 2019 seguen sen recoller esta vella demanda, mentres a matrona ten que estar pasando consulta no salón de actos do antigo centro comarcal da Tafona ante a imposibilidade de dispoñer dun espazo no centro de saúde.

Outro dos grandes incumprimentos da Xunta de Galiza para con Caldas é o río Umia, nin rastro dos compromisos de Augas de Galicia e da conselleira de Medio Ambiente. Dende o BNG propoñemos que se realicen xa, sen máis demora, un estudo para o desmantelamento da presa e un estudo epidemiolóxico sobre o impacto da exposición ás cianobacterias en Caldas de Reis e nos demais concellos polos que pasa ou captan auga do Umia, así como tamén sobre os bancos marisqueiros da ría de Arousa.

En materia de educación, instamos á Xunta de Galiza a acometer a tan necesaria ampliación do IES Aquis Celenis. Unha ampliación que permita a ampliación da oferta educativa con ciclos de Formación Profesional e que sexa funcional.

            “É unha auténtica vergoña que a Xunta de Galiza discrimine ao noso concello desta maneira, pois non se plantexa solucionar absolutamente ningún dos grandes problemas que neste momento dependen da Xunta. En 2019 nin Centro médico, nin solución para o Umia, nin ampliación do IES Aquis Celenis, nin nada de nada. En Caldas estamos xa fartos de ver como o noso Umia se tingue de verde cada verán e se prohibe o baño sen que a Xunta plantexe unha solución definitiva. Estamos fartos de agardar 20 anos por un centro médico, e estamos tamén fartos de que o ensino público siga sen ofertar nin sequera un ciclo formativo.

Dende o BNG lamentamos que o Partido Popularnon aceptase nin unha soa das enmendas a estes orzamentos tan lesivos para o noso Concello, e que constituen un grandísimo agravio para a veciñanza de Caldas, que en ningún caso merece tal desprezo por parte da Xunta de Galiza” sentenciou Fariña.

Orzamentos da Xunta, un agravio sen precedentes para Caldas de Reis