O Concello e a Xunta siguen enredando coa ubicación do Centro Médico

IMG_20190306_125444_875
Centro Médico de Caldas

O Concello de Caldas de Reis e a Xunta de Galiza seguen xogando ao gato e ao rato para non construír un novo centro de saúde en Caldas de Reis, pois levan xogando durante 20 anos a un perverso xogo de trileiros para non poñerse dacordo nunha ubicación viable.

O Concello e a Xunta siguen enredando coa ubicación do Centro Médico

O Concello de Caldas de Reis e a Xunta de Galiza seguen xogando ao gato e ao rato para non construír un novo centro de saúde en Caldas de Reis, pois levan xogando durante 20 anos a un perverso xogo de trileiros para non poñerse dacordo nunha ubicación viable.

A proposta de Juan Manuel Rey de ampliar o Centro de Saúde cara ao Xulgado non é máis que unha ocorrencia dun gobernante irresponsable que carece de liderado suficiente como para enfrontar con seriedade esta situación. Pois parece evidente que esta alternativa non podería ser levada a cabo mentres non se buscase unha alternativa para un novo Xulgado e unha ubicación alternativa para o centro de saúde provisional mentres se acomete a construción da nova instalación.

Por outra banda, parece evidente que a Xunta de Galiza carece do máis mínimo interese para construír o novo centro de saúde, pois o PP despreza ao noso Concello sempre que ten ocasión. Vémolo no caso do encoro, xa que en 5 meses o presidente da Xunta tivo tempo para ir facer campaña electoral a Andalucía pero non tivo tempo para reunirse coa Coordinadora antiencoro nin co Comité de Crise integrado polos catro grupos políticos municipais.

Para o BNG a construción dun novo centro médico debe ser unha prioridade absoluta para o noso concello, pois non é de recibo que servizos sanitarios se atopen desperdigados polo concello adiante como é por exemplo o caso da matrona. Non parece aceptable que un servizo sanitario tan sensible como a atención ás mulleres embarazadas se preste no mesmo edificio no que se ubica a Oficina de Turismo e no mesmo pasillo no que se presta o servizo de Oficina Agraria.

O Portavoz do BNG e candidato á alcaldía, Manuel Fariña, manifestou que “as veciñas e veciños de Caldas merecen que tanto o alcalde como a Xunta teñan a altura de miras necesaria para desatascar a construción do Centro de Saúde. Se ben é certo que a Xunta do PP evidencia o nulo interese para construír o Centro de Saúde tamén é certo que Juan Manuel Rey non demostra interese ningún propoñendo a primeira ocorrencia que se lle pasa pola cabeza”.

O Concello e a Xunta siguen enredando coa ubicación do Centro Médico